mércores, 9 de novembro de 2016

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Por cuarto ano consecutivo, a Asesoría de Bibliotecas Escolares impulsa e apoia unha campaña de promocion das ciencias nas bibliotecas escolares. Os lemas anteriores foron:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/20160405_Ploter_ciencias_v1-2.png

  • Ler ciencia na biblioteca escolar
  • Biblioteca escolar... Matemático!!!!
  • Biblioteca escolar, base de exploracións.
O froito destas tres campañas -actividades, traballos de investigación sobre ciencia, lecturas etc.- están recollidos aquí e aquí.
 
O lema que aglutina os traballos deste ano é: 

BIBLIOTECA ESCOLAR. TERRITORIO DAS ARTES



A arquitecta Isabel Aguirre foi a encargada de elaborar o manifesto que encabeza esta campaña.

 Solo el que sabe es libre, y el que más sabe es más libre”. Miguel de Unamuno

Encántame a definición da ciencia como un sistema de coñecementos

ordenados. Cando os nenos preguntan insistentemente, e ás veces
fastidiosamente, “por que?”, están establecendo as bases dos seus
coñecementos. Amplialos e ordenalos será unha tarefa que poderá
enriquecelos ao longo da súa vida. Porque unha das marabillas do
pracer de aprender é que nunca se termina de aprender.
Penso que todos nós deberiamos de ser conscientes de que construír
un futuro para o noso país é construír un futuro para o mundo, e esa
construción haberá de basearse na sabedoría daqueles que nos
precederon, pero tamén na daqueles que están a traballar, a investigar e
a descubrir todos os días.
Os coñecementos científicos marcan a historia da humanidade no seu
sentido máis amplo, xa que esta non podería entenderse se non o fose
dende o desenvolvemento da tecnoloxía baseada sempre na ciencia:
dende a agricultura á máquina de vapor e aos voos espaciais.
Ao tempo, os humanos temos un instrumento único para á transmisión
do coñecemento: a linguaxe. Unha linguaxe diversa e rica ao longo do
mundo e que para os galegos é especialmente vantaxosa, xa que, unida
ao noso irmán o portugués, podémonos entender con 280 millóns de
habitantes, e aínda máis, cos 400 millóns que falan español. Somos ricos
en número, está claro, pero ademais somos ricos en matices, en xiros, en
sutilezas. Esta riqueza da nosa lingua estou certa de que nos axuda a ver
o mundo dende a reflexión e a dúbida. Non é acaso esta actitude a clave
para nos aproximar ao coñecemento?
A globalización na que vivimos é tamén outra enorme vantaxe para
achegarnos ao coñecemento. Un coñecemento que está recollido
basicamente na inxente bagaxe das nosas bibliotecas, a día de hoxe
moitas delas públicas, e tamén, e cada vez máis, dende a facilidade das
comunicacións informáticas. Hoxe vivimos en Galicia, e dende Galicia
vivimos no mundo.

Isabel Aguirre de Urcola


Animámossvos a presentar propostas para Biblioantioquía. Fedellade nos andeis e atopade o voso libro de ciencia en galego!  



Ningún comentario:

Publicar un comentario