xoves, 17 de novembro de 2016

Mes da ciencia. Mes dos cogomelos en Biblioantioquía



Durante todo o mes teremos esta exposición que ten como eixo condutor os cogomelos e na que se combina o aspecto científico, co alimenticio e o artístico.

 Grazas a Dominga que tivo a idea, a presentou nas súas clases e buscou información.

Grazas ó departamento de AGRARIA, especialmente a Pepe e Yolanda, polos materiais. 

A Miguel do departamento de Plástica por buscar o vínculo entre o tema e a arte, sempre ben disposto a compartir o seu traballo.

A María que sempre abre as portas da biblioteca e se pon a traballar no que cumpra.










Agardamos as visitas e, por suposto, todas as aportacións que queirades facer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario