Aquí estamos de novo. Vimos con ganas de traballar e por iso comezamos con algún cambio que nos permitirá mellorar o espazo e a xestión.
Comezaremos renovando o equipo informático que xa non respondía como debía. Por este motivo tardaremos un pouco en actualizar os carnés e facer os novos.
A pesar diso, podemos iniciar a vida da nosa biblioteca sen informática: temos ollos para ler, mans para escribir, corazón para sentir...
A propósito de sentir: quen quere contarnos o que sentiu con algunha lectura de verán? Imos xogar ó xogo das nominacións.
Comezo eu con Miriam: pódesnos contar que che pareceu un dos teus libros de verán, La ladrona de libros?
Escribe un comentario e nomina a alguén para facer o mesmo.
Bo curso!
Miriam pide uns días para a súa recomendación. Pasamos a nominación a Ana Gloria.
ResponderEliminar