O luns 28 de marzo o Club de lectura de 1.º ESO tivo o seu segundo xantar-xuntanza para poñer en común a lectura Diferente, de Eloy Moreno. Aínda que desta vez non houbo película, o tempo fíxose curto para reflexionar sobre tantos sentimentos e emocións que espertou en nós esta novela. A todas e a todos nos encantou e cremos que despois de lela somos mellores persoas. Recomendámosvola!!! Está na nosa biblioteca!! Sería unha lectura estupenda para as vacacións de Semana Santa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario