mércores, 20 de outubro de 2021

MULLERES (IN)VISIBLES: CARMEN LAFORET

 Coas pilas recargadas, retomamos proxectos coma o das nosas Mulleres (in)visibles. Desta volta, queremos darlle visibilidade a unha das grandes escritoras da nosa literatura: Carmen Laforet. Esta é a nosa particular homenaxe a unha escritora que, ata o de agora, apenas tiña un oco nos libros de texto. 

Para que a coñezades ben, podedes descubrir os grandes momentos da súa vida e da súa obra nunha liña do tempo que a acompaña, así como botarlle unha ollada ás súas publicacións. 

Non esquezades este nome: Carmen Laforet, primeiro premio Nadal coa súa gran obra Nada. Pero tamén xornalista e autora doutras obras importantes como La mujer nueva ou Insolación

Este 6 de setembro, Laforet tería cumprido 100 anos. O noso agasallo é esta homenaxe.



Seguro que queres coñecer moito mellor a esta extraordinaria escritora. Neste vídeo, tes un documento excepcional para achegarte á súa figura.






Ningún comentario:

Publicar un comentario