venres, 24 de novembro de 2017

A BIBLIOTECA POLO BO TRATO E CONTRA O MALTRATO

Esta semana e a que vén dedicarémonos a fondo a traballar co noso alumnado un tema tan grave como é o da violencia de xénero. Cremos que non debe ser cousa nun día recordar as víctimas e o sufrimento de tantas mulleres. Por iso, todos os departamentos didácticos, incluída a biblioteca, puxemos en marcha un proxecto interdisciplinar que xirará en torno a esta temática.
E como xa queriamos poñernos mans á obra, nesta semana na hora de ler repartimos textos sobre o maltrato que incluían desde narrativa, xornalismo ata poesía.
Por outra banda, hoxe pola mañá montamos unha exposición de lecturas polo bo trato, e contra o maltrato. Seguro que esta exposición medrará e medrará ao longo da próxima semana.
Queda moito por facer... Pero a biblioteca está moi concienciada da necesidade de abordar este problema e de apoiar ao profesorado para dar pequenos pasos desde as aulas que nos conduzan a acabar con esta lacra social.







LECTURAS POLO BO TRATO E CONTRA O MALTRATO by Slidely Slideshow

Ningún comentario:

Publicar un comentario