luns, 26 de setembro de 2016

Abrimos as portas do novo curso. BiblioantioquiANDANDO!

De onte a hoxe

Velaquí a que se considera a primeira biblioteca da historia. Para comezar a biblioantioquear propoñémosvos a seguinte investigación:

  • Esta fotografía está feita no Museo Británico, pero, de onde foi traída esta colección de escritos?

    Reconstrución da biblioteca de Asurbanipal no Museo Británico. 
    •  Podémoslle chamar libros ós exemplares que se gardaban nesta biblioteca? Por que?
    • En que lingua están escritos e con  que sistema de escritura?
    • Con este enlace accedemos a unha biblioteca nun formato ben distinto ó anterior: máis práctico e sobre todo, máis lixeiro. Cal che gusta máis?

    Esta é a nosa biblioteca hoxe. Traballamos para facela mellor cada día. Se tes ideas, propostas, críticas, cóntanolas.


    Achegádevos a ver as novas adquisicións, a buscar as lecturas de clase, a ler o cómic que máis che gusta, a fedellar nos fondos...

    Feliz ano!!!




    Ningún comentario:

    Publicar un comentario