martes, 11 de novembro de 2014

Lecturas de verán (VII)

A realidade é que ao libro Primavera silenciosa era a segunda vez que lle botaba un ollo, pera nesta ocasión, analizando o libro en profundidade. Trátase dun clásico básico da literatura da temática medioambiental. A súa primeira edición data de 1962, só dous anos antes do falecemento da súa autora, Rachel Carson. Sen dúbida ela foi pioneira en contribuír a que os debates sobre temática medioambiental se converteran nun dos asuntos máis importantes

Despois da Segunda Guerra Mundial, Carson concentrouse no estudio dos efectos perniciosos do mal uso de pesticidas sobre o medioambiente. O título do libro en realidade está relacionado co feito de que a autora imaxina un mundo, no que derivado do uso masivo e indiscriminado de insecticidas, leva a desaparición dos insectos, a continuación dos paxaros, e polo tanto ao silencio, sen o seu piar.

Con Primavera silenciosa, en 1962, cuestiona as prácticas de científicos agrícolas e do goberno dos EE.UU., e fai un chamado a transformar o xeito en que a humanidade percibía a natureza.

A famosa revista Times recentemente situou a Carson entre as 100 personalidades máis influintes do pasado século. Con todo, no momento da publicación de Primavera silenciosa, apuntou o seu libro como unha "simplificación excesiva de redomados erros" e cualificou a este icono da loita pola preservación do medioambiente como "palabras emotivas". Os consorcios industriais afectados polas denuncias de Carson, unido ao Departamento de Agricultura de Estados Unidos, lanzaron un furibundo ataque contra esta científica e escritora.

A seguinte nominada para contarnos as súas lecturas de verán e a profesora e Xefa do Departamento de Administrativo, Chus.

1 comentario:

  1. Moi interesante me parece a túa lectura de verán. Penso que pode ser unha boa adquisición para os nosos andeis e incluso creo que me animarei a regalarllo a alguén da miña familia!

    ResponderEliminar