venres, 14 de marzo de 2014

NOVIDADES

capitan araña-rafael lema-9788478243587Hoxe presentámosvos os últimos libros que se incorporan ós nosos andeis, neste caso, destinados especialmente ós amantes das aventuras e o misterio. De seguido poñemos unhas liñas de cada un deles para poñervos o mel nos beizos

    Palabras envelenadas
  • Unha de aventuras e piratas, escrita por Rafael Lema, Capitán Araña: "Onde eu nacín os invernos eran longos coma o fío dos ventos que espeluxan o mar, as noites semellaban unha boca de lobo, de rompente [...] O meu nome é Roi. Nacín no ancoradoiro de Sabadelle, a poucas millas do cabo Vilán [...] Eu cada vez estaba máis decidido a buscar aventura polo mar adiante. O meu pai contárame como lle salvara a vida ó rexedor de Pardiñas cano a carón dos indios...."
 
  • Unha de misterio e aventuras pero sen piratas. O prolífico Agustín Fernández Paz preséntanos a Adrián, un rapaz que traballa nunha empresa de mensaxería e comeza a recibir misteriosas mensaxes.O raio veloz: "Adrián vivía só, non tivera sorte con ningunha das mozas coas que se relacionara. Dalgunha estivera namorado tolamente, pero todas o acababan deixando aos poucos meses, quizais polo que Irene, a última da lista, chamara a súa falta de ambición..."
  • Palabras envelenadas de Maite Carranza: Que pasou con Bárbara Molina? este é o enigma que despois de catro anos  poderá ser resolto coa aparición de novos datos. "O subinspector Lozano descansa uns instantes ante a porta do piso dos señores Molina para recuperar o alento. Puxo a americana gris, a que estreou na voda do seu fillo, sete anos atrás, e a gravata de seda con irisacións avermelladas. Séntese algo incómodo e...."

Ningún comentario:

Publicar un comentario