venres, 7 de marzo de 2025

AS MULLERES DO NOSO CENTRO


Nos últimos cursos, os 8 de marzo nos centros educativos veñen acompañados de folgas de alumnado que deixan os centros baixo mínimos, polo que as actividades que se organizan teñen público limitado. Aínda así, non podiamos faltar nesta data a unha homenaxe ás mulleres. desta vez, centrámonos nas mulleres do noso día a día, nas profes, e aproveitamos para facer unha mesa redonda nas que algunhas delas nos contaron as súas experiencias no mundo laboral.

As protagonistas foron Tania González, que aparte de dar clases particulares e traballar nalgunha academia, foi maquilladora dunha coñecida firma; tamén interviu Ana Belén Figueira, que recentemente se graduou en Educación Social, foi au-pair en Alemaña, opositou á unión europea en londres e traballou nunha pizarreira e como axudante de mago durante tres intensos días, percorrendo os pobos da Castela vaciada en furgoneta; Celsa Gómez contounos a súa aventura coma monitora de campamentos ou os seus vínculos matemáticos coa universidade; Eva Calvero falounos da súa labor como animadora deportiva e do seu vínculo continuo co deporte, conciliando unha numerosísima familia, estudos, oposicións e demais obligacións cotiás; e Susanne foi a que nos sorprendeu coa súa ampla experiencia laboral: traballou en París en Le Fígaro, foi comminity manager, monitora de obradoiros do máis diverso, e actualmente compatibiliza o seu traballo como porfe cun negocio de turismo rural na Ribeira Sacra.

De todo esto sacamos unha ensinanza que Susanne resumiu en dúas frases: "Máis vale tarde que nunca" e "Aprendizaxe de por vida".




luns, 24 de febreiro de 2025

ROSALÍA 360º


Coñecemos dabondo a figura de Rosalía, así que este ano centrámonos na súa repercursión a todos os niveis e organizamos unha pequena exposición na que conxugamos diferentes elementos nos que nos atopamos con ela: rúas, centro educativos, axendas, camisetas,...; pero tamén, caricaturas, cómics, cine,... 
Aprendemos que se algo caracteriza a esta muller é a transversalidade, por eso a definimos coma Rosalía 360º.






Aproveitamos tamén para difundir tamén algúns dos seus poemas polos corredores do instituto, nas portas das clases.




venres, 21 de febreiro de 2025

XINZO-BURELA 2025

O Departamento de Lingua e literatura Galega está a organizar unha convivencia-intercambio co instituto de Burela. Como nós tamén somos de Entroido, estamos preparando, en coordinación cos Polos Creativos, un pequeno agasallo que servirá de recordo:




mércores, 12 de febreiro de 2025

O GREGO E A CIENCIA

Co gallo da muller e a nena na ciencia, o alumnado de Grego preparou esta exposición na que dan boa conta de que as linguas clásicas, neste caso o grego, e as ciencias camiñan inevitablemente da man.




martes, 11 de febreiro de 2025

MULLERES DE CIENCIAS

 A BiblioAntioquía e os Polos Creativos colaboraron este ano na conmemoración do Día da Muller e a Nena na Ciencia que organizou Celsa, do Departamento de Matemáticas. Previa convocatoria dun concurso para deseñar unha imaxe conmemorativa, procedeuse a inmortalizar a obra nunha chapa que se agasallou ao alumnado que participiou no concurso. 

Custounos collerlle o truquiño á máquina, pero todo apunta a que esto vai ser só o principio. Esto das chapas gusta... e moito!

luns, 10 de febreiro de 2025

ENTROIDO EN GALICIA

 O alumnado do IES Cidade de Antioquía celebra o Entroido fóra e dentro das aulas; así os/as estudantes de Oratoria, partindo de Xinzo de Limia, realizaron unha particular viaxe por algúns dos entroidos da provincia de Ourense con pequenas incursións en diferentes lugares das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra, onde tamén saben festexar ben o Entroido.

Neste colorido percorrido coñeceron e dan a coñecer e recoñecer as máscaras destas aldeas, vilas e cidades galegas!

Pon a carauta e vén entroidar con eles/as!

Non están todos os que son, pero SON todos os que ESTÁN!

Viva a Pantalla!

Viva o Entroido!











SEGUINDO AS PISTAS

 O alumnado de 3º ESO C preparou este xogo de psitas sobre inventos de mulleres científicas. Sigue as pistas, e relaciona os inventos coas súas creadoras.

Tes toda esta semana para probar sorte.



venres, 31 de xaneiro de 2025

LECTURAS POLA PAZ

A BiblioAntioquía ten á túa disposición toda unha serie de lecturas que servirán para reflexionar sobre a importancia de convivir nun ambiente de paz. Velaquí as opcións:


Queremos destacar unha proposta especial na liña dalgún dos murais que decoran os corredores estes días.


xoves, 30 de xaneiro de 2025

PUNTOS DE VISTA SOBRE A PAZ

Coma sempre e con datas tan significativas coma esta, Susana, a profe de Xeografía e Historia, saca aos corredores os murais que realizan os seus alumnos. Este ano colaborou na súa montaxe o alumnado de Oratoria de 4º ESO, que nestas últimas datas están aprendendo como funciona unha biblioteca.

Homenaxe ás mulleres que obtiveron o Premio Nobel da Paz:


Alfabeto pacifista:




GRANDES FRASES QUE APOSTAN POLA PAZ

 


Grazas ás rapazas de 2º ESO C e ao alumnado de 4º ESO, pola súa colaboración na selección de aforismos sobre a paz e na montaxe do mural.

XOIAS ILUSTRADAS

Invitámoste a que pases pola nosa biblio e a que disfrutes destas xoias ilustradas. Hoxe, ademais do día escolar da paz, convivencia e non violencia, tamén é o día da ilustración, así que... a que espaeras?


E non esquezas que aquí hai libros para todos os gustos e todos os niveis.

luns, 23 de decembro de 2024

POSTAIS DE PAISAXES INVERNAIS E DE NADAL

 Por fin chegaron as postais! Desta vez fixéronse esperar e aínda que o concurso se declare deserto, aquí podes disfrutar delas. 

Bo Nadal!


sábado, 21 de decembro de 2024

PREMIO PARA 2º ES0 A!

 

Aquí temos aos gañadores e gañadoras do concurso de decoración de aulas. Foi unha posta en escea de última hora, pero deron mostras de que saben en que consiste o traballo en equipo e o campañeirismo. Parabéns!


venres, 20 de decembro de 2024

DE NOVO GRAZAS

Unha vez máis, a nosa Feira solidaria do Libro de segunda man foi un éxito rotundo. esta vez foron 440 euros, pero as palabras do Banco de Alimentos son folgos para seguir adiante cunha actividade que nos ilusiona tanto. Compartimos o correo que recibimos tralo ingreso da recaudación.

Bos días....

Non sabemos cómo agradecervos o voso compromiso solidario, de verdade é unha idea moi orixinal y con un obxetivo moi significativo, podedes estar orgullosos de seguir cada ano con tan bos resultados.
Cada xesto conta, e o voso moi significativamente para nós, é un luxo poder contar con esta axuda. Rógoche traslades o noso agradecemento os compañeiros e compañeiras do centro.

Aproveito para desexarvos un Bo Nadal y reiterar o noso agradecemento.
Bo día y Bo Nadal¡¡

mércores, 18 de decembro de 2024

NADAL "ANTIOQUIANO"

 Velaquí algunhas das mostras do traballo realizado polo noso alumnado para decorar as súas aulas nestas datas.


 

xoves, 5 de decembro de 2024

IMOS DE FEIRA

Adicamos o último día lectivo de novembro a preparar o posto de libros. A BiblioAntioquía pechou novembro preparada para a acción. Xa de volta da fin de semana, inauguramos a IV Feira solidaria do libro de segunda man, de novo, a beneficio do Banco de Alimentos de Ourense. 



E vaia se tivemos acción...


 
Libros, películas, adornos de Nadal, pulseiras,... E de agasallo pola compra, uns preciosos marcapáxinas. O ano pasado foi excepcional, pero este non se está dando nada mal.
 
Agardámoste! Ata o día 10, na entrada principal do centro, ao carón da BiblioAntioquía.

martes, 3 de decembro de 2024

O NADAL FAISE NOTAR

Os corredores empezan a encherse de felicitacións de Nadal. Os primeiros, como corresponde, foron os alumnos e alumnas das linguas clásicas.



luns, 2 de decembro de 2024

NOVIDADES CADA DÍA

 Entre o 2 e o 10 de decembro, visita a nosa feira solidaria. Cada día descubrirás novidades.



IV FEIRA SOLIDARIA DO LIBRO DE SEGUNDA MAN

Arrancamos coa actividade estrela da BiblioAntioquía!

Seguimos colaborando co Banco de Alimentos de Ourense.

De Gerald Butler ao Grinch. Do obxectivo 300, ás grazas pola colaboración, calquera aportación é benvida.

Estamos na entrada da biblio, na planta principal do edificio.


XOGA COMIGO AO ALMANAQUE DE ADVENTO

Iniciamos decembro co Almanaque de Advento. Lembra pasar cada día pola porta da biblio onde atoparás a pregunta do día. 

Non pertences ao alumnado, pero si es membro da comunidade educativa do Cidade? Tamén podes participar.

ALMANAQUE DE ADVENTO



domingo, 1 de decembro de 2024

A TRADICIÓN MANDA

Que sería o Nadal sen un gift, unha animación ou un meme! Pois antes de todo eso estaban as postais. Invoquemos ás musas para que o arte flúa polas nosas creacións.

E por suposto, toda a comunidade educativa pode participar neste concurso.