venres, 25 de outubro de 2024

PRIMEIRAS VISITAS

Os máis noviños do noso IES aproveitaron o Día das Bibliotecas para achegarse a coñecer a nosa BiblioAntioquía. Grazas a Raúl Piñeiro, o seu profe de Galego, por conducir os seus primeiros pasiños por este espazo. Agardamos vervos por aquí moitas veces máis.


 


xoves, 24 de outubro de 2024

CURIOSAS BIBLIOTECAS

A biblioteca máis pequena do mundo está en Sigtuna (Estocolmo).



A Biblioteca Británica de Londres é a biblioteca con máis fondos do mundo. 



As bibliotecas máis espectaculares están nesta ligazón. Pasea por elas dende a túa casa.


Pero se algo debe ser valorado é o traballo que realiza quen, cos medios xustos, fai chegar a cultura a espazos esquecidos ou alonxados do mundanal ruído.

O Biblioburro do profesor Luis Soriano.


Os Bibliobuses, que achegan a lectura á España rural. Velaquí un exemplo dos moitos que podes atopar:



E mesmo aquí, na nosa terra, en Lugo e Ourense funciona a Furgoteca. Preme aquí e achégate a ela.

Feliz Día das Bibliotecas 2024!


martes, 8 de outubro de 2024

LER O MUNDO CLÁSICO

 öscar Soto, profe de Latín e Grego, deu unha volta pola bilio para facer unha selección de libros da súa sección. Anímaste a ler o mundo clásico?



luns, 30 de setembro de 2024

CONTAMOS COA TÚA OPINIÓN

 Nos esquezas que na BiblioAntioquía escoitamos o que nos queiras dicir, de viva voz ou a través do noso buzón de suxestións.

Actividades de dinamización, libros do teu interese, novas propostas,


xoves, 26 de setembro de 2024

DÍA INTERNACIONAL DAS LINGUAS

O 26 de setembro conmemórase o Día internacional das linguas, por eso, o noso alumnado de 1º ESO, da man de Marta, a súa profe de Lingua Castelá e Literatura, preparou estes murais:




"A linguaxe é unha cidade para cuxa edificación cada ser humano aportou unha pedra" (Ralph W. Emerson)

mércores, 18 de setembro de 2024

COÑECES ELBE2?


Ademais do papel, que tanto vos gusta, a BiblioAntioquía ofrécevos a posibilidade de ler en soporte dixital, empregando a plataforma gratuita ELBE2. Na ligazón de abaixo tes máis información. E lebra que se queres as túas claves, só tes que pasar pola biblio nos recreos e pedilas.  

ACHÉGATE A ELBE2

luns, 16 de setembro de 2024

BENVIDO/AS AO CURSO 2024-2025!

 A BiblioAntioquía está de volta e un curso máis camiñará ao teu carón. 


Agardamos a túa visita.


mércores, 29 de maio de 2024

O PROMETIDO É DÉBEDA

 Xa comentamos meses atrás coas maletas lectoras que o novo proxecto de lectura de Angélica, profe de Castelán, prometía; e aquí tedes un adianto...






Parabéns ao alumnado de 2º ESO B que traballou con adicación e agarimo a súa lectura de Las lágrimas de Shiva.

Proximamente exposición na BiblioAntioquía

xoves, 23 de maio de 2024

NOVOS ESPAZOS NA BIBLIOANTIOQUÍA

Como parte da aposta da BiblioAntioquía pola diversidade, creamos o Recuncho Diverso de Lecturas. Porque o mundo é de cores e hai quen non o sabe, presentamos nesta exposición permanente unha mostra de lecturas que nos ensinan a convivir, 


E esto só é o principio, a colección crecerá.

mércores, 15 de maio de 2024

POESÍA, MÚSICA E ALMA

 Luísa Villalta encheu as nosas aulas e corredores de versos, de música e de aprendizaxe. Velaquí a homenaxe do IES Cidade de Antioquía ás letras galegas de 2024.

Murais realizados polo alumnado de 1º ESO con Susana, profe de Xeografía e Historia.





Trípticos elaborados polo alumnado de 2º ESO con Xabier Pais, profe de Galego.




Exposición de fondos na biblioteca:


Exposición da cartelería facilitada pola Xunta:



CARTAS DENDE AS TRINCHEIRAS

Quen non oíu falar dos conflictos bélicos en Ucrania ou Gaza en enchen as noticias nos últimos tempos? O alumnado do IES Cidade de Antioquía tamén sabe deles e con esta actividade fixeron un exercicio de historia, de redacción, pero sobre todo de empatía e humanidade.

Parabéns aos rapaces e rapazas que escribiron as cartas e grazas a Abraham de Historia por ser guía desta actividade que se expón na porta da biblioteca!




xoves, 9 de maio de 2024

ESPAZOS CON VIDA

O recreo, o descanso do luns tras comer, calquera pode ser un bo momento para aproveitar o espazo de xogo. Seguimos gozando del!








luns, 29 de abril de 2024

OS AGASALLOS DO PASAPALABRA...

 Xa teñen donos e son 


Xián Mera, de 1º ESO A na sección de alumnado.

Mercedes Ramudo, profe de Francés, na sección de profesorado.


Parabéns!

venres, 26 de abril de 2024

YINCANA NA BIBLIOANTIOQUÍA

Temos unha actividade máis para esta semana do libro. Ana Belén, profe de Inglés, deseñou unha yincana para pór a proba os coñecementos do alumnado de 1º ESO sobre a organización e busca na biblio. Aínda queda moito por aprender, pero pasárono moi ben. 









xoves, 25 de abril de 2024

50 ANOS DA REVOLUÇAO DOS CRAVOS

O alumnado de Portugués do noso instituto elaborou un impecable traballo para conmemorar o cincuenta aniversario da Revoluçao dos cravos, un percorrido variado por un feito fundamental na historia do país luso. Atoparás a exposición no taboleiro da biblioteca da entrada principal, xusto ao lado do ascensor.

E para completar esta homenaxe ao país veciño, dende a BiblioAntioquía, ofrecemos unha pequena exposición de fondo seleccionados en Portugués.