Cando chega o mes de novembro e organizamos actividades dende a biblioteca, a primeira data para a educación en valores que salta á vista é o 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Porén, este ano, Ana Belén Figueira , profe de Inglés e membro do equipo da biblioteca, propuxo incluír no almanaque de dinamización o 16 de novembro, Día internacional da Tolerancia. O seu obxectivo era concienciar ao noso alumnado de que a diversidade é unha realidade na nosa sociedade, pero tamén no noso centro, e debemos aprender a convivir cos demais respectando sempre a súa forma de vivir, de pensar, de sentir.
Por eso, o alumnado de 1º ESO, 2º ESO e FPB asistiu este mércores, 16 de novembro, a unha charla sobre a identidade de xénero e a diversidade afectivo sexual na que se lles deron a coñecer conceptos coma transxénero, xénero fluído, non binario,...; puideron aprender a diferencia entre xénero e sexo, que os estereotipos só son eso, estereotipos, e que a vida vai moito máis aló de nacer home ou muller.
Mil grazas, Ana Belén! Polo esforzo, polo traballo realizado, por compartir con nós tantas cousas que nos fan medrar.