luns, 24 de abril de 2017

Recolocámonos!

Volvemos de vacacións con ganas de traballar. O espazo de literatura xuvenil quedáranos pequeno e por iso buscámoslle acomodo noutros andeis.
Que vos parece a nova ubicación: máis céntrica, máis espazosa, máis visible. Tanto mimo para os libros que máis movementos  de  préstamo teñen.




Andeis de literatura xuvenil.



E, xa metidas en recolocacións, conseguimos novos equipos informáticos novos do trinque e decidimos cambiarlle a ubicación. Agora toca coidalos con esmero para ter sempre un camiño aberto ás consultas na rede dentro da nosa Biblioteca.!

Novos equipos informáticos.

luns, 3 de abril de 2017

Outra proposta


Aquí tedes outra proposta de lectura para o reto da editorial Galaxia.
 Trátase dunha recente compra da nosa Biblioteca, por iso vos animamos a meterlle o dente a esta historia sorprendente sobre un episodio histórico totalmente esquecido: a viaxe dun nenos que foron levados a América para transportar dentro dos seus corpos a vacina da varíola. Estraño, non é?




luns, 27 de marzo de 2017

Reto lector

A editorial Galaxia proponnos un reto ben interesante: trátase de ler dous libros da editorial, coleccións Árbore, Coste Oeste ou Literaria, e animar a outras persoas a lelos.

  • Como? Mediante un video de ata dous minutos, para cada un dos libros, no que contedes o contido, o que vos gustou e as razóns polas que o recomendades
  • Que se valora?  A claridade na exposición, o poder de persuasión e a creatividade na elaboración do video.
  • Cal é o prazo? Ata o 31 de maio de 2017
  • Quen se pode presentar? Estudiantes de entre 12 e 16 anos.
  • Cal é o premio? Ademais do gusto de ver os vosos videos circulando polo espazo lector, podedes ganar: 1 Ipad de última xeración e lotes de libros.
Aquí tedes as bases completas. Se tedes dúbidas, preguntade ás vosas profes de lingua ou a alguén da biblioteca. 

Animádevos a participar! Aquí tedes unha escolma mínima de posibilidades:




mércores, 15 de marzo de 2017

Clube de lectura

 O venres, día 10 de marzo, achegouse a Xinzo Antón Riveio Coello, autor do libro A ferida do vento, última lectura do clube de lectura de profes do IES Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela.
Ademais, un grupo de alumnas de 2º de bacharelato uniuse ó clube e participou intensamente no coloquio sobre a obra, ambientada en Xinzo.

O acto tivo lugar no Museo do Entroido de Xinzo. Aproveitamos  para recomendar encarecidamente a súa visita e, por suposto, agradecerlle a súa acollida.


a ferida do vento-anton riveiro coello-9788498657357






luns, 13 de marzo de 2017

8 de marzo. Día das mulleres

A nosa biblioteca enfeitouse para ocasión: paneis informativos, imaxes de mulleres científicas, escritoras ou políticas, a cor lila por todas partes...




Chegou o día e saímos ó patio amosarnos negras como a pena por tanta muller morta pola violencia machista. Os homes tamén están do noso lado.
Ademais, o alumnado de matemáticas coa súa profesora Eva, sorprendeunos cunha expo-actividade sobre a matemática Sophie Germain



Mirade que traballos máis que chulos:







Recordamos tamén que neste mesmo blog, se picades na etiqueta mulleres, podedes ver que temos xa unha boa traxectoria celebrando este día. Hai moita info que segue sendo boa para recordarnos a situación da muller a través da historia.


Parabéns a todas e todos por participar e facer visibles as mulleres!

luns, 6 de marzo de 2017

Marchou o Entroido!

E a biblioteca do Cidade de Antioquía acolleu unha nova exposición realizada polo alumnado.
Desta volta, puidemos informarnos das tradicións ourensáns tan arraigadas nos nosos pobos para celebrar o Entroido.


E, como non, o venres, paseáronse por aquí moitas máscaras antes de acudir ó gran desfile de Xinzo.

mércores, 15 de febreiro de 2017

Dia Internacional da Muller e da Nena na ciencia

Imaxe do documental sobre as irmás De la Vega.O sábado, 11 de febreiro, celebrouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia na procura de “lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas". 

Deixamos aquí material para que pescudedes sobre a vida de mulleres que loitaron por traballar en distintos campos da ciencia e da investigación. Foron abrindo o camiño para que hoxe en día, polo menos teoricamente, non haxa barreiras que nos impidan ser o que queiramos:






  • Mulleres matemáticas:



luns, 6 de febreiro de 2017

XLIV PREMIOS LITERARIOS "MINERVA". COSMOGONÍA, COSMOGRAFÍA, CAOS

Acabamos de recibir o volume que recolle os textos premiados este ano no certame literario convocado polo colexio Manuel Peleteiro destinado a estudantes galegos menores de 20 anos.
Coma nas anteriores 43 edicións, os textos premiados son fantásticos e paga a pena lelos.
Os seus nomes incorpóranse á lista de gañadores, algúns deles de recoñecido prestixio nos nosos días como Darío Xoán Cabana, Olga Novo, Suso de Toro, Fernando Ónega, Rafa Villar,  ou Sechu Sende.

Os premiados foron Iago González García, Inés Outomuro Rodríguez, ambos do IES E.Blanco Amor de Ourense, Tamara Fernández Labrada, Laura Regueiro Romero, Nuria Fernández Robledo e Laura Dautón Otero na modalidade de poesía. 
Na modalidade de narración: Amaia Tomé, Cecilia Fidalgo Castromil, Iago González García, Alba Pérez Barcala, Laura Regueiro Romero e Ángela Lamas Gómez.

luns, 30 de xaneiro de 2017

PONTE NOS SEUS ZAPATOS. 30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ!


Millóns de persoas TEÑEN que abandonar a súa vida e os seus lugares de orixe pola violencia, a intolerancia e a fame. 


Vidas de refugiados from depori


A través de este videoxogo poderás porte nos zapatos dos seus protagonistas, atréveste?

http://www.contravientoymarea.org/ 



 E para rematar,  este trinta de xaneiro toda Castela e León unirase a través da música na loita contra a guerra de Siria. Unha canción creada por unha nena de once anos, Inés García, que pretende chegar a todos os recunchos.


  
COMO TE ATREVES A VOLVER
A FERIR CON GUERRAS
A UN PRECIOSO POBO
A PAZ SEMPRE
ME TRATABA BEN
E NON ES QUEN
PARA LEVARTE ISTO.



Máis información en:

 http://maestrosconlosninosdesiria.blogspot.com.es/

 http://entrepasillosyaulas.blogspot.com.es/2017/01/vidas-de-refugiados-tutorias-para.html

 http://www.zamora24horas.com/articulo/cultura/conoce-unirte-iniciativa-cylcantaporsiria/20170119083306139271.html

 http://cylcantaporsiria.blogspot.com.es/

 http://clasechupiguay.blogspot.com.es/2017/01/cancion-dia-de-la-paz.html

 http://www.elnortedecastilla.es/valladolid/201701/22/esta-cancion-escolar-contra-20170120205346.html


sábado, 28 de xaneiro de 2017

Premio para o noso compañeiro Marcos Fernández! Parabéns!

La Región, 27/01/2017

Xinzo fixo entrega do galardón literario infantil Carlos Casares

O gañador, Marcos Fernández, relata a historia dun neno que vive en Siria e que escapa da guerra 





Marcos Fernández estudante de 1º da ESO do Instituto Cidade de Antioquía de Xinzo, recolleu onte o Primeiro Premio Literario Xuvenil Carlos Casares. O protagonista do seu relato é Samer, un rapaz de 11 anos que naceu en Damasco, a capital de Siria. "Un día estaba vendo as noticias, e saiu información da guerra de Siria", conta este pequeno escritor. "Gustoume para escribir o relato, pero é algo que me da moita pena", engade.

A historia de Samer, é unha historia que conmove e que conciencia, pero que tamén está chea de esperanza: "Samer e a súa familia escapan da guerra en busca dunha nova vida", conta Marcos.

A sensibilidade coa que este rapaz da Limia abordou a historia de Samer conmoveu aos membros do xurado deste certame: "Marcos tratou unha temática de plena actualidade, moi dura ", explica Alfonso Carlos Lois, coordinador da Casa da Cultura de Xinzo e membro do xurado do certame.

O concurso, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xinzo, celebrouse o pasado ano co gallo do Día das Letras Galegas. Marcos foi o vencedor na categoría infantil, xa que o ano pasado aínda cursaba primaria.

Na entrega de premios, que tivo lugar en xullo, este rapaz "desperto e interesado polos temas de actualidade que o rodean", segundo destacan del algúns dos seus mestres, atopábase de viaxe cos seus pais, polo que non puido recoller o seu premio: un diploma, unha placa e un vale de 200 euros para material escolar. Dende o Concello decidiron facer un segundo acto de entrega. "Ocurríusenos que o mellor xeito de que Marcos recibise o seu galardón fose en presenza dos seus compañeiros e dos seus pais", explica Luis Miguel Gil, edil de cultura.

Uns pais que asistiron orgullosos ao evento. "Estamos moi contentos, Marcos participou con moita ilusión", sinala a súa nai.Aseguran que educan ao seu fillo na solidaridade. E é que Marcos ten un desexo:"Que todos sexamos iguais e todos teñamos o mesmo, non uns mais e outros menos".

mércores, 25 de xaneiro de 2017

PRIMEIRA ACTIVIDADE DO CLUBE DE LECTURA NO CURSO 2016-17

                                                      


O alumnado do clube de lectura do noso centro participou nunha xuntanza con outros clubes -Allariz, Viana do Bolo e Maceda-, e a autora do libro que leron no trimestre anterior: Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas. 

                                                        aqueles dias en que eramos malas-inma lopez silva-9788498657203
Tamén se achegaron ata Radio Allariz onde lles fixeron unha entrevista.
Aquí podedes ver fotos das dúas actividades:














venres, 13 de xaneiro de 2017

NADAL EN BIBLIOANTIOQUIA



Árbore de Nadal realizado polo alumnado de Ciclo Medio de Forestais.





Pechamos o primeiro trimestre con moita actividade na nosa biblioteca.
As lecturas de Nadal fixeron traballar o programa de préstamos; algunhas eran obrigatorias pero tamén houbo quen aproveitou para buscar lecturas que entretivesen as horas mortas das vacacións.
a ferida do vento-anton riveiro coello-9788498657357Ademais o profesorado iniciou o seu clube de lectura co novo libro dun dos escritores locais de máis éxito: Antón Riveiro Coello.















A última exposición do ano tivo como tema "O Nadal no mundo". Os departamentos de linguas incitaron ó alumnado a explicar como se celebran estas datas no seu entorno. Contribuíron tamén as profesoras visitantes Lina e Henriquette contándonos as tradicións en Francia e Inglaterra respectivamente.
Algunhas fotos da expo: