Pouquiño a pouco ímonos poñendo en marcha cos diferentes clubes de lectura que levamos a cabo no noso centro. Leremos
Todo o tempo do mundo (D. Pérez Iglesias) no primeiro ciclo. En 4º de ESO leremos
Rendición de R. Loriga e
Izán o da saca (X. Quiroga). Con estas dúas últimas lecturas participaremos nas tertulias que organiza o Concello de Ourense. Por último, temos previsto estar nas tertulias organizadas polo IES de Allariz coa obra de Antón Riveiro Coello
A ferida do vento. E isto só para comezar!! Porque o curso é longo e temos moitas ganas de ler!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario